Saturday 18 de May de 2024

Unha exposición xornalística repasará no Museo a evolución política da españa recente ante os 40 anos da Constitución


 

Coincidindo coa conmemoración do 40º aniversario da Constitución española, a Sala Museo Municipal de Riveira vai exhibir unha exposición de xornais históricos coa que amosar a evolución política española nos últimos tempos: “De-Constitución: Crónica política do último século en España”.

Organizada pola Asociación Exxpopress en colaboración co Concello, a mostra consta de medio cento de xornais, varias revistas e fotografías que repasan algúns dos principais acontecementos do século XX: o reinado de Alfonso XIII, a ditadura de Primo de Rivera, a Segunda República, a Guerra Civil, a ditadura franquista, a transición e a consolidación da democrática.

A documentación verase complementada con información audiovisual que repasa a través de 47 microvídeos os principais momentos históricos da realidade española, dende a voda de Alfonso XIII ata a coroación de Felipe VI.

Inauguración
O acto de apertura terá lugar este mércores 5 de decembro ás 16.30 horas e contará coa presenza do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.